O PXOM nun boletín informativo

O PXOM nun boletín informativo

Logo da presentación de alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona difundimos o noso punto de vista doutra Baiona posible, lonxe da especulación urbanística, da idea de que só o turismo é fonte de riqueza.

Consideramos que Baiona debe pensar nos baioneses que nestes intres ten que marchar cara outros concellos porque non poden pagar unha vivenda, nin tan siquera en réxime de aluguer. Tamén miramos de costas á nosa maior riqueza: os nosos montes.

Os principais puntos que centran as nosas alegacións son a reubicación do camping da Ladeira, a oposición á construcción dun campo de golf, a reubicación do polígono industrial a unha zona que permita desenrolalo e a necesidade de vivenda como residencia habitual e non enfocada ao turismo.

Aproveitamos a ocasión para falar da actitude do Alcalde no pasado Pleno Municipal, narrada polo noso concelleiro Iago Pereira, así como a recuperación dunha zona verde no Burgo e a renovación de cargos internos no BNG que sitúa por primeira vez a un representante de Baiona no seu Consello Nacional.

Ademáis de difundilo nas redes sociais, a militancia do BNG o repartirá por todas as parroquias, co fin de que chegue ao maior número de baioneses e baionesas posibles.

Podedes descargar o boletín aquí.