Preséntase o BNG-Asembleas Abertas en Baiona

Preséntase o BNG-Asembleas Abertas en Baiona

Candidatura 2015-BN-480

Este Domingo o Bloque Nacionalista Galego presentou a súa candidatura en Baiona. Ésta é resultado da conxunción de dous procesos nos que se teñen embarcado os nacionalistas. O primeiro é de total renovación dos seus referentes e o segundo foi o proceso de asembleas abertas realizado recientemente e que continúa a día de hoxe co debate do seu programa electoral.

Ambos procesos resultaron en que a maioría dos seus integrantes son independentes (11 de 19, un 58%), salientando que se produciu unha incorporación de persoas que nunca participaran nas candidaturas do BNG, xunto con outras que non o viñan realizando nos últimos tempos pero que retomaron de novo o contacto.

A renovación non é só de persoas, xa que nos cinco primeiros postos incorpóranse dúas persoas que non figuraban na candidatura das Municipais de 2011 e ningún deles o fixo nese mesmo tramo de saída, sinón que ademáis a súa idade media é de trinta e cinco anos. Con todo, a idade media da candidatura é de corenta e seis anos.

“Ésta é unha candidatura froito do traballo constante do BNG no Concello de Baiona. Somos os que propoñemos alternativas, os que creemos nas institucións democráticas, os que estamos en contacto permanente coa xente e cos colectivos veciñais e asociativos. Por iso somos os representantes da Baiona alternativa, a que non é sumisa e quere activarse para reclamar un cambio de ciclo. ” dixo Iago Pereira, candidato á Alcaldía de Baiona, durante a súa intervención.

Candidatura do BNG-Asembleas Abertas

01. Iago Pereira Moreda

02. Xosé M. Marcote Gil

03. Xosé Luis Blach Fernández

04. Lorena Serantes Prieto (independente)

05. Montserrat Fernández Morell (independente)

06. Miguel A. González Lago

07. Mª Julia Castro Campos (independente)

08. Bárbara Pereira Meneses (independente)

09. Yolanda Lamas Ambroa (independente)

10. Martín López Goce (independente)

11. Olga González Durán (independente)

12. Xosé Fco. Quintas González

13. Mª Jesús Italiani Nogueira (independente)

14. Andrés Otero Martínez

15. Ana Belén Piñeiro Costas (independente)

16. José Manuel Marcote Rodríguez

17. Ana Mª Rodríguez Fernández

Suplentes:

01. Miguel A. Blach Leyenda (independiente)

02. Alba Antía Pereira Rodríguez (independente)