Unha nova Corporación cun renovado BNG

Unha nova Corporación cun renovado BNG

BNG-Baiona-2015

Tras a noite electoral e confirmados os resultados obtidos nas urnas. o Bloque Nacionalista Galego quere agradecer aos seiscentos oitenta e cinco baioneses e baionesas que depositaron a súa confianza nunha forza alternativa e nacionalista.

Tras un profundo proceso de renovación de persoas, ideas e forma de practicar a política municipal, o BNG afronta o reto de constituir unha alternativa real a un Partido Popular moi danado e que só pode manterse na alcaldía cun descarado carretaxe de votos nas parroquias máis rurais. Agora toca poñerse a traballar para demostrar durante catro anos que é o BNG quen se preocupa polos problemas dos veciños e veciñas, o que se achega aos colectivos para trasladar as súa inquietudes e para que éstes trasmitan tamén as súas.

Iago Pereira e Xosé M. Marcote, concelleiros do BNG en Baiona queren aproveitar a ocasión para destacar o importante esforzo das formiguiñas do bloque, esas persoas anónimas que día a día axudan en canto poden para que a mensaxe do BNG chegue a calqueira recuncho, adicando tempo e esforzo para unha causa que non é outra que facer unha mellor Baiona, liberada e orgullosa do seu.

RESULTADO DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS EN BAIONA - 2015

municipais2015RESULTADOS MESA A MESA

Mesas