A cooperación internacional non é importante para o Alcalde de Baiona

A cooperación internacional non é importante para o Alcalde de Baiona

O BNG denuncia a decisión unilateral do Alcalde de Baiona, sin sometelo nin tan siquera a consideración do Pleno Municipal e incumplindo o acordo previo ao respecto, polo que solicitou a baixa no Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade.

En Xuño do ano 1.996, sendo Alcalde Manuel Vilar, o Pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade a adhesión do Concello de Baiona ao Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, aceptando os seus estatutos e Declaración Programática, comprometéndose a dotar orzamentariamente unha partida anual para dotalo de fondos e manifestando a vontade de incrementar as responsabilidades económicas do Concello respecto do Terceiro Mundo para acadar o 0,7% do orzamento ordinario, segundo o recomendado polas Nacións Unidas.

O Alcalde de Baiona non só incumple unilateralmente un acordo plenario adoptado por unanimidade sinón que demostra unha total falta de sensibilidade ante as necesidades máis básicas dos sectores menos desfavorecidos. O argumento expresado da situación económica actual non é máis que unha burda excusa, toda vez que os orzamentos municipais non sufriron unha drástica disminución. Con todo, e se iso fose así, non é quen o Goberno Municipal de encaixar unha partida de dous mil euros, contribución que nin siquera se aproxima ao 0,7% do Orzamento Municipal?

Considera o Alcalde de Baiona que non pode contribuir a proxecto como a axuda ás víctimas do terremoto de Haití, ás dos furacáns en Perú e Cuba, os campos de refuxiados en Siria e Palestina, as campañas alimentarias para o pobo saharaui e tantos outros proxectos cos que ten colaborado o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade?

O Bloque Nacionalista Galego considera que o talante totalmente antidemocrático que vén desenvolvendo o Alcalde de Baiona nestes momentos, acorralado ante unha política antisocial e corrupta do Partido Popular en todos os níveis, queda en segundo plano ante a desvergonza e falta de sensibilidade de non considerar prioritaria a cooperación internacional.

Baixa do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade asinado polo Alcalde de Baiona

Certificado do acordo plenario realizado en Xuño do 98

Memoria anual 2012 do FGCS