Os concelleiros do BNG non asistirán ao xantar para maiores

Os concelleiros do BNG non asistirán ao xantar para maiores

Son tempos de dificultades, tempos en que a cidadanía esixe unha fiscalización detallada dos gastos que realizan as Administracións Públicas, demandando que se racionalicen e se atendan as necesidades máis imperiosas.

O Bloque Nacionalista Galego en Baiona non considera que sexa precisa a celebración do tradicional xantar para maiores cando os servizos sociais cada vez reciben máis demandas de atención ás necesidades básicas. Non podemos deixar de lado a cuestión de que este tipo de actos non encerran máis que unha práctica caciquil e populista que hoxe ponse en cuestión máis que nunca. Aos concelleiros e concelleiras do Bloque Nacionalista Galego lle teñen comunicado numerosos veciños que é unha obriga a súa asistencia a determinados actos, xa que son parte da Corporación Municipal e deben representar neles a quenes lle votaron. Non é menos certo que a postura contraria tamén se lle ten demandado. Hoxe precísase un compromiso adicional para o cambio, debemos cuestionar os estándares tradicionalmente asumidos porque se demostraron ineficaces.

É certo que intentos anteriores de racionalizar estes gastos contaron coa diametral oposición dos principais beneficiados. Seiscentos maiores do noso Concello agardan con impaciencia este xantar, moitos deles cuns ingresos limitados, mais debemos facer un chamamento á responsabilidade e practicar a racionalidade que tanto demandamos aos políticos do noso País.

Nin que decir tén que o principio do Estado aconfesional québrase totalmente coa celebración dunha misa antes do xantar. Teremos que presencial como se pasa lista ou cando menos se deixará á vontade de cadaquen a asistencia ou non ao acto litúrxico? Tamén se reservará o dereito de admisión como no caso do pasado Pleno onde non se permitiu o acceso aos afectados pola estafa das preferentes e subordinadas cando no Salón de Plenos existían bancadas baleiras?

O Partido Popular continúa no seu avanzo cara a quebra total dos máis elementais principios democráticos. Falta de democracia, caciquismo e inserción da relixión na sociedade civil. Añoranzas do pasado amparadas pola impunidade. O Bloque Nacionalista Galego non pode quedar impasible ante esta espiral de despropósitos e non vai participar nunha farsa populista. A cidadanía é quen debe dictar si prefire un camiño ou outro. Hai alternativas e non debemos pechar os ollos ante elas.

Os concelleiros do BNG non asistirán ao xantar para maiores