O BNG reclama no Parlamento iniciativas de acceso á vivenda para Baiona

O BNG reclama no Parlamento iniciativas de acceso á vivenda para Baiona

tendais

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar unha alegación aos Orzamentos Xerais da Xunta de Galiza co fin de que se destine unha partida de tres millóns de euros que permita a execución dun edificio de vivendas que, mediante a autoxestión, posibilite a posta en marcha dun parque de vivendas en aluguer. Estas actuacións serían posibles nas parcelas de titularidade municipal presentes na parroquia de Baiona e Baiña.

A parcela en Baiona foi resultado da execución do Plan Parcial dos Tendais e a través dos distintos gobernos municipais non se optou nunca pola súa saida a concurso, alegando incluso o Partido Popular que na zona dos Tendais existía unha excesiva concentración de vivendas, dito isto logo de permitir a construcción das vivendas libres e "esquecendo" as de protección pública. A estratexia é primar a construcción doutro tipo de servizo, unhas veces unha piscina, outras un novo auditorio. Ésa é a preocupación do Partido Popular polo problema de acceso á vivenda que teñen as familias en Baiona, sobor de todo os sectores máis desfavorecidos, nomeadamente os mozos e mozas que teñen que optar por abandonar o noso concello en busca de vivenda a un prezo máis axustado ás súas rendas. Isto, engadido á falta de oportunidades laborais fai que a mocidade baionesa non teña apenas esperanza en asentar a súa vida no concello que lles viu nacer.

A segunda parcela, tamén si executar, está presente no barrio do Burgo, fronte á fonte dos Gafos. Ésta si que se sacou en varias ocasións a concurso, sobre todo grazas á iniciativa da Consellería de Vivenda, durante o período de cogoberno do BNG na Xunta de Galiza. O resultado do primeiro concurso foi a adxudicación á promotora Marvil, que finalmente tivo que renunciar á execución da promoción, rescatando o Concello a parcela e sacándoa de novo a concurso, quedando deserto o mesmo debido ás dificultades de acceso a financiación para a construcción de vivendas que se estaban e están a vivir. Eis un punto moi importante e polo que o Bloque Nacionalista Galego solicitou en repetidas ocasións que era imprescindible constituir unha Banca Pública Galega. Novamente o Partido Popular actúa en contra das necesidades da cidadanía e preocúpase máis de rescatar a entidades financieiras especulativas.

A opción de xestión proposta polo Bloque Nacionalista Galego vai máis aló de construir vivendas para adxudicalas a persoas que teñan que pagalas, si as súas rentas son suficientes para elo e teñen dunha importante cantidade de aforros, sinón que se propón a adxudicación de vivendas en réxime de aluguer, o que permite que niveis de rentas máis baixas podan acceder á vivenda e, ao mesmo tempo, os inquilinos participen na xestión do edificio, prescindindo da tutela pública.

No debate dos Orzamentos producido no Parlamento Galego o Partido Popular continuou coa súa senda intransixente e carente de todo razoamento e rexeitou calqueira alegación presentada polos grupos da oposición. Unha nova mostra do rodillo practicado polos populares cando goza de maioría absoluta.

O BNG reclama no Parlamento iniciativas de acceso á vivenda para Baiona