O BNG estuda impugnar o Pleno Municipal baionés

O BNG estuda impugnar o Pleno Municipal baionés

Logo dos acontecementos sucedidos no Pleno Municipal Extraordinario do Concello de Baiona, celebrado o pasado Mércores 22 de maio, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego en Baiona estuda a posibilidade de impugnalo.

No momento do comezo do Pleno Municipal a presenza de público era escasa, habendo múltiples bancadas baleiras. Namentres, no exterior, unha trintena de estafados e estafadas polas preferentes e subordinadas pretendían acceder ao salón de plenos, mais a Policía Local impedíullo, sin argumentar xustificación algunha. Ás únicas instalacións ás que se lle deu autorización de acceso foi ao Rexistro Municipal e só a unha persoa.

Ante esta situación a Portavoz Municipal, Ana Mª Rodríguez, interpelou ao Alcalde o porqué de non permitir o acceso ao Pleno habendo espazo para elo, ao que o Alcalde calou e non deu ningunha resposta. Acto seguido, os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego anunciaron que ante esa situación abandonaban o Pleno por estar en desacordo coa actitude mostrada polo Grupo de Goberno.

Segundo a Lei de Bases de Réxime Local (Art. 70.1) a celebración dos plenos municipais son públicos. Xa que logo, a actitude represiva do Alcalde e a súa Corporación Municipal supuxeron unha contradicción coa lexislación vixente, feito que o Bloque Nacionalista Galego considera extremadamente grave e que xenera un perigoso precedente, póndose en cuestión as máis elementais regras do xogo democrático.