O BNG esixe o derrube dos bungalows ilegais

O BNG esixe o derrube dos bungalows ilegais

camping

Catorce anos leva o Bloque Nacionalista Galego demandando que se derruben os bungalows ilegais instalados no Camping Bayona Playa. Ano tras ano as maniobras dilatorias dos infractores, mediante arducias legais, unidos á desidia do Goberno Municipal permiten que sigan en pé.

Moitos anos durante os cales o BNG ten prantexado no só o derrube dos inmobles situados en solo non urbanizable de especial protección e dentro da Rede Natura 2000, sinón que vén reclamando no Congreso dos Diputados que se aprobe unha partida orzamentaria que permita a recompra dos terreos do camping. Isto, sumado á proposta de que no PXOM baionés se habilitara unha ubicación alternativa permitiría que un servizo turístico necesario en Baiona desempeñase a súa actividade, pero non a costa de degradar un espazo natural que, recuperado, sería un atractivo turístico máis para o noso concello.

Non contentos con retrasar intencionadamente a restitución da legalidade, o Partido Popular tense negado sistemáticamente a escoitar e aceptar as alternativas prantexadas polo BNG.

Cómo vai explicar o Sr. Almuiña á cidadanía que tras nove anos desde a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, doce desde a primeira orde de derrube, sigan con maniobras dilatorias? Cómo pode ser que veña agora o TSXG a reclamar ao Concello de Baiona unha resposta ao recurso da propiedade porque cando o tivo que presentar non o fixo? Cómo pode ser que ante un problema tan importante e que leva tantos anos enriba da mesa tiveran optado por resolvelo mediante un silencio administrativo que se ten demostrado inválido? Cómo pode explicar que cando existían múltiples sentencias condenatorias abrise un prazo de negociación coa propiedade que demorou ainda máis a execución da sentencia para logo acabar sin ningún acordo?

A sensación xeral é que a xustiza funciona para uns e para outros non e a cidadanía xa está farta de que os máis poderosos incumplan a legalidade sistemáticamente namentres ao cidadán de a pé se lle busca o mínimo resquicio legal para sancionalo e quitarlle o pouco que teñen.

O BNG esixe o derrube dos bungalows ilegais