Alegación aos Orzamentos do Estado para recuperar a baterías de Silleiro

Alegación aos Orzamentos do Estado para recuperar a baterías de Silleiro

cabosilleirohistrico

O Bloque Nacionalista Galego, unha vez máis, insta ao Goberno do Estado a que modifique os seus Orzamentos Xerais co fin de que se dote unha partida dun millón de euros que permita a recuperación do entorno das baterías de Silleiro, de tal forma que se convirta nun espazo de disfrute para os baioneses e baionesas e do mesmo xeito se chegue a indemnizar aos antigos propietarios.

Éste viron no seu día como o Estado Español, de mans do Dictador Franco, secuestraba as súas terras sin percibir a cambio ni un só peso, nunha pantomima de "cesión" obrigada.

Xa no ano 2008 o BNG reuníuse con representantes dos afectados e, daquela, decíamos o seguinte:

Os herdeiros dos titulares dos máis de 70.000 m2 de terra expropiados para a construción da Batería xa levan moitos anos demandado que se lles restitúan os seus dereitos. A Deputada do BNG en Madrid visitou as instalacións da antiga Batería en Baredo xunto con varios membros do noso partido e o presidente dos propietarios dos terreos afectados.

Grazas ao BNG, preguntouse no Congreso dos Deputados pola situación actual dos terreos de Silleiro, a posibilidade de indemnización aos herdeiros e herdeiras e o futuro uso que se lle poida dar ás instalacións da Batería.

A reacción do PP non se fixo agardar e dende o Concello se explicou na prensa que se estaba a colaborar cun grupo de espeleólogos para revitalizar e reutilizar as instalacións abandonadas. Sen embargo, dende o Concello non se fala do tema das indemnizacións aos familiares dos propietarios que se quedaron sen tomadas durante o réxime franquista.

Ante unha mostra máis da desmemoria histórica do PP, o BNG, dende a oposición, segue traballando para que as preocupacións dos veciños e veciñas de Baredo non caian no esquecemento.

Estamos no 2014 e a situación sigue estancada, con contínuas promesas e proxectos no aire desde o Goberno Municipal, mais sin o valor suficiente para alzar a voz ante os seus "compañeiros" no Goberno de España. Si non mudan as actitudes terán que mudar as persoas.

Alegación aos OXE