Acto do BNG sobre o recibo da luz

Acto do BNG sobre o recibo da luz

electricas

O Bloque Nacionalista Galego organizará mañá Xoves, a partires das vinte horas, no salón de actos da Praza de Abastos de Baiona un acto público entorno ao recibo da luz e o negocio das eléctricas.

No acto intervirán Iago Pereira, Portavoz Municipal, e Carme Adán, diputada no Parlamento Galego pola provincia de Pontevedra.

É de reciente actualidade a anunciada e tradicional suba da tarifa eléctrica, fundamentada en confusos argumentos que á inmensa maioría da cidadanía non lle soan máis que a excusas. Mesmo a lectura do recibo da luz antóxase complicada e para nada transparente.

A través desta charla o BNG pretende clarificar gran parte das cuestións que xiran entorno ao negocio da electricidade, do seu exorbitado encarecimento tras a súa privatización e de porqué debería existir unha tarifa galega nun país que é productor excedente de enerxía eléctrica.

Unha das desigualdades máis evidentes nesta cuestión ten a ver  cos enormes beneficios da industria eléctrica confrontado coa situación de desesperación de milleiros de familias que ven como as compañías lles cortan a luz  por non ser quen de poder facer fronte ao pago dos seus recibos.

Non é menos importante sinalar a visión centralista que se ten de Galiza, visto como un territorio productor de electricidade. Esta situación choca frontalmente coa vivida durante a etapa de pertenza do BNG ao goberno galego, por medio do Concurso Eólico, ferramenta que impulsaba a recuperación da soberanía sobre os recursos propios.